Taboleiro de Anuncios
Asociación Veciñal Cultural e Recreativa San Mamede de Zamáns
ANUNCIOS -Campionato de chave,os interesados en participar deberán anotarse antes do 26 de xuño.Reunión no C. Cultural,o xoves 7 de xullo ás 20:30h.As partidas xogaranse entre o 11 e 16 de xullo a partir das 20h. -Clases de tenis no centro cultural de Zamáns desde 14€/mes,infórmate chamando ó 986468039. -Curso de manipulación de alimentos, 5h, 15€ para os socios e 25€ para os non socios, con diploma acreditativo oficial.Infórmate chamando ó 986468039.
ANUNCIOS -Está á vosa disposición un contenedor para reciclar aceite, atópase fóra do centro e pregamos que cada persoa bote dentro do bidón o seu aceite."Non aceites industriais ou de motor,solo de uso doméstico". -Visita a web da Parroquia www.zamans.net -Xa está en funcionamento a biblioteca e a videoteca do Centro Cultural. -Se desexas ter o carné de socio da Asociación, por favor, entréganos a túa fotografía. ********************************** Teléfonos de interés: Centro Cultural: 986468039 Avarías no Alumeado Público:900333365
PROGRAMACIÓN
-
NIF:G36691855 Estrada Zamáns, 251 - 36310 Zamáns (Vigo) Tfno-Fax:986 468039 Email: zamans@zamans.org
,
Zamáns, 24 - xuño -2011
Estimados socios/as:
Achegámosvos a programación da Festa do socio que se celebrará o vindeiro sábado 2 de xullo nas instalacións do Centro Cultural.
Contaremos coa exposición dos traballos realizados nos cursos da vogalía de muller, bolillos, tapizado, pintura...
As actuacións comezan ás 19h, será grupo de baile Xinela quen inicie a festa.
Sobre as 19:30h poderemos disfrutar do grupo de pandereteiras da Asociación “Abeleira”.
A continuación, sobre as 20h do serán, acompañaranos a Banda "Unión Musical de Valladares".
Dentro do programa de actuacións, contaremos coa actuación dun clown-malabarista, a súa intervención será a partir das 21h e o espectáculo titúlase “O Chou de Andreso”.
Para poñer unha nota gastronómica ó evento, haberá pinchos variados para tódolos socios presentes a partir das 22h e farase unha homenaxe a un socio.
E como broche final da festa, disfrutaremos dun concerto do Grupo Folk Virandeira da Asociación a partir das 22:30h.
__________________________________________________________________________
-Recibos socios
Ademáis da programación queremos recordarvos que aínda quedan pendentes de pago algúns recibos, debendo abonar 35€ os recibos familiares e 25€ os unifamiliares, o pago pódese efectuar no Centro ou en calquera oficina de Caixanova na conta 2080-0082-4-1-0040004240.
Aproveitamos para poñernos como sempre a vosa disposición e agradecervos a colaboración.
Recibide un cordial saúdo.